Como moitos outros camiños milenarios ou medievais, o "Camiño do Ferro" foi substituido e desfeito por unha pista forestal no máis alto da Rogueira preto de Formigueiros, o cúmio máis alto do Courel, alterando gravemente o seu trazado orixinal
Mentres a Xunta se adica a plantar todo o Courel de especies pirófitas aloctonas, abandonou o cuidado do souto. Moitos empezan a enfermar de fungos como o Chancro e a Tinta. Na foto exemplar ben conservado do val das Mouras.
De interés histórico e etnográfico. Moitos deles xa destruidos ou alterados gravemente pola construcción de pistas, pseudoortalumes e plantacións de espeies pirófitas alóctonas
Coñecida en todo o Courel. Nas Penas de Miranda, ó fondo, debaixo da última parte desta masacre de pseudocortalumes, aínda case se distingue o perfil da cara dunha muller, hoxe gravemente alterada por esta aberración de infraestructura forestal.
Na foto dous albares. Fortificacións propias do Courel, para evitar que os osos, comeran o mel. Proba de que o Courel é un hábitat axeitado para o oso pardo
Castro da Torre, Aldea medieval de Seceda, Castro de Megoxe, Río Lor. Cada elemento sinalado cunha sinal de estilo diferente, para facer xogo coa cabina abandoada da parada dun autobús que xa non fai o percorrido, hai moitos anos
Poblado Prerromano, destruído pola construcción dun mirador de moi pouco gusto. Hoxe o mirador xa non cumpre a súa función xa que está rodeado de piñeiros que medraron e impiden a visibilidade.
Restaurada pero rodeada de plantacións, recentes de especies pirófitas alóctonas. Mentres o seu souto foi abandoado ante a falta de cuidados por parte da xunta fronte o fungo da tinta
O abandono administrativo fixo que todos os seus veciños marcharan nos anos setenta do século XX. Logo foi saqueada e arrasada impunemente, do que non se salvou nin a Igrexa parroquial nin o cimiterio da ferigresía.
A maioría delas en franco deterioro ou medio esmagadas, como A Campa, anulada pola escombraeira da Canteira. Solo hai dúas que foron medianamente restauradas: Froxán e Seceda
Mutilados ou destruidos, centos de monumentos funerarios, de máis de 4.000 anos de antiguidade foron asfectados no Courel, polas escavadoras que adoitan traballar , preferentemente nos cumios. Campos enteiros de mámoas arrasados: Escrita, Veiga de Arcas, A Toxeira,....
Este poboado prerromano rodeado polo antigo curso do río Lor, que lle servíu de foxo defensivo; foi acumulando impactos de xeito sucesivo ata esta degradación infame: escombreiras das estradas, torretas de condución electrica, vertedoiro de lixo municipal , torre de sal para quitar o xeo das estradas, prantación de piñeiros.
Ben de Interese Cultural. Un dos castelos máis antigos de Galicia. No ano 1181, nuño Peláez e a súa muller Alda, donan este castelo á Orden de Santiago. Hoxe sirve de soporte desta torreta para a codución electrica