O mellor souto de Galicia



Un dos máis ricos ecosistemas do Courel, habitat de interese comunitario da Rede Natura e o cortalumes máis rendible e sen impacto ambiental

A Rogueira, un dos mellores bosques de Europa



E Un dos mellores cortalumes do Mundo

Centos de sequeiros de castañas



A maior parte deles abandonados ou totalmente esmoroados

Dúcias de Pombais


Na foto, Pombal de Fidalgo de Paderne. Cabe apuntar que poucos se conservan así de ben

Un Camiño milenario destruído


Como moitos outros camiños milenarios ou medievais, o "Camiño do Ferro" foi substituido e desfeito por unha pista forestal no máis alto da Rogueira preto de Formigueiros, o cúmio máis alto do Courel, alterando gravemente o seu trazado orixinal

Centos de fornos de cal


A maioría abandonados ou destruídos

Centos de miles de castiñeiros centenarios

Mentres a Xunta se adica a plantar todo o Courel de especies pirófitas aloctonas, abandonou o cuidado do souto. Moitos empezan a enfermar de fungos como o Chancro e a Tinta.
Na foto exemplar ben conservado do val das Mouras.

Máiss de mil quilómetros de camiños e sendeiros

De interés histórico e etnográfico. Moitos deles xa destruidos ou alterados gravemente pola construcción de pistas, pseudoortalumes e plantacións de espeies pirófitas alóctonas

Centos de covas


De interés científico e arqueo lóxico, na única franxa calcaria de Galicia

Efixie da Muller Morta


Coñecida en todo o Courel. Nas Penas de Miranda, ó fondo, debaixo da última parte desta masacre de pseudocortalumes, aínda case se distingue o perfil da cara dunha muller, hoxe gravemente alterada por esta aberración de infraestructura forestal.

Paisaxe de bloques glaciares no Piapaxaro


Na terra de maior xeodiversidade de galicia. Arrasado, de xeito impune polas escavadoras para construír Pseudocortalumes ociosos

Castro de VIlar


En primeirotérmino. Pendurado sobre o río Lor e acosado por autovías pseudocortalumes, e plantación de especies pirófitas alóctonas

Aldea medieval de EIriz


No Canón de Sudrios, arrasado polas escombreiras ociosas das pistas e cortalumes.

Centos de albarizas abandonadas


Na foto dous albares. Fortificacións propias do Courel, para evitar que os osos, comeran o mel. Proba de que o Courel é un hábitat axeitado para o oso pardo

Disparate de sinalización de elementos culturais e naturais

Castro da Torre, Aldea medieval de Seceda, Castro de Megoxe, Río Lor. Cada elemento sinalado cunha sinal de estilo diferente, para facer xogo coa cabina abandoada da parada dun autobús que xa non fai o percorrido, hai moitos anos

Castro de Ares


Poblado Prerromano, destruído pola construcción dun mirador de moi pouco gusto. Hoxe o mirador xa non cumpre a súa función xa que está rodeado de piñeiros que medraron e impiden a visibilidade.

Aldea medieval de Froxán


Restaurada pero rodeada de plantacións, recentes de especies pirófitas alóctonas.
Mentres o seu souto foi abandoado ante a falta de cuidados por parte da xunta fronte o fungo da tinta

Aldea medieval de Hórreos.


O abandono administrativo fixo que todos os seus veciños marcharan nos anos setenta do século XX. Logo foi saqueada e arrasada impunemente, do que non se salvou nin a Igrexa parroquial nin o cimiterio da ferigresía.

Miles de elementos etnográficos a punto de desaparecer


Conxunto etnográfico das Cabanas das Petadas, a punto de ser tragado pola escombreira

Entorno da aldea medieval de Santa Eufemia


Río Luruda e bosque desaparecidos pola canteira, nas inmediacíóns da aldea

Máis de corenta aldeas medievais no Courel


A maioría delas en franco deterioro ou medio esmagadas, como A Campa, anulada pola escombraeira da Canteira. Solo hai dúas que foron medianamente restauradas: Froxán e Seceda

Túmulos funerarios mutilados ou destruido


Mutilados ou destruidos, centos de monumentos funerarios, de máis de 4.000 anos de antiguidade foron asfectados no Courel, polas escavadoras que adoitan traballar , preferentemente nos cumios. Campos enteiros de mámoas arrasados:
Escrita, Veiga de Arcas, A Toxeira,....

Castro de Megoxe, monumento xeolóxico masacrado



Este poboado prerromano rodeado polo antigo curso do río Lor, que lle servíu de foxo defensivo; foi acumulando impactos de xeito sucesivo ata esta degradación infame:
escombreiras das estradas, torretas de condución electrica, vertedoiro de lixo municipal , torre de sal para quitar o xeo das estradas, prantación de piñeiros.

Castelo do Carbedo


Ben de Interese Cultural. Un dos castelos máis antigos de Galicia. No ano 1181, nuño Peláez e a súa muller Alda, donan este castelo á Orden de Santiago. Hoxe sirve de soporte desta torreta para a codución electrica